ActualidadBoiro

Terremoto no PP de Boiro: ¿Basta con «unha cara bonita» ou toca limpeza xeral e mando feminino?

O «CHISME» QUE PETA OS BARES Non fai falta ser un lince para saber que o noso último artigo levantou bochas. Dinme os compañeiros de faladoiro que na sede do partido os ánimos están máis revoltos que o mar en Corrubedo. E é que a verdade doe, pero a retranca pica. O revuelo é tal que xa hai quen se pregunta se o de ter dúas redes sociais non era un erro técnico, senón un síntoma de que o barco ten máis vías de auga das que recoñecen.

¿VENDER IMAXE OU VENDER XESTIÓN? Nas conversas de mercado e de barra de bar saíu un tema espiñento: o actual número un. Hai quen di, con moito «malo de fóra», que ao candidato puxérono máis pola foto que polo proxecto. Unha sorte de «corpo de cartel» para atraer votos que, visto o visto nas urnas, quedaron polo camiño. ¿Estamos nunha época onde vende máis un bo perfil de Instagram que saber resolver os problemas de Barraña? En Boiro somos de bofetada e bico, e parece que a imaxe, por moi cuidada que estea, non enche o prato se non hai sustancia detrás.

¿HORA DUNHA «AYUSO» BARBANZÁ? Pero o debate gordo é outro. Entre tinto e tinto, moitos coinciden: ¿E se o problema é que falta unha man firme que non sexa a de sempre? Quizais chegou o momento de deixar de dar voltas ao mesmo pucharro e facer unha reestruturación completa. De arriba a abaixo. Sen panos quentes.

E aquí soltamos a pregunta que ten a moitos sen durmir: «¿Quen sería a Ayuso de Boiro? ¿Haría historia ser la primera mujer alcaldesa en Boiro? ¿Sería el mejor rumbo?» Ver a unha muller collendo as rendas do partido e do Concello sería un fito histórico nun pobo que, por moito que presuma de moderno, nunca tivo a unha «ghicha» mandando no despacho principal.

O Pobo Fala: ¿Crees que o PP necesita un cambio de cara total ou chega con cambiar o Community Manager? ¿Ves con bos ollos unha candidata con forza para poñer orde na casa? ¡Móllate nos comentarios!

Artículos relacionados

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba