O Señor dos Planos: A odisea de falar cun técnico en Boiro sen pasar polo «confesionario» político
Semella unha lenda escrita por Tolkien, pero é o pan noso de cada día no noso Concello. Se un veciño de Barraña ten unha dúbida sobre un peche ou unha baldosa, atópase cun camiño máis longo que o que levou a Frodo ao Monte do Destino. O sistema das «tres portas» non é xestión, é un labirinto pensado para que acabes pedindo perdón por existir.
A Esfinxe da Entrada
O primeiro reto é o umbral municipal. Alí, o veciño atópase coa gardiá do destino que che pregunta: «¿A que vén?». E ti, que só queres saber se o muro pode ir un chisco máis á dereita, acabas confesando ata o que comiches o domingo. O resultado? Unha cita para dentro de «oito lunas», se é que os astros se alinean.
O Concelleiro «Oidatodo»
Aquí vén o gordo. Antes de que o sabio Técnico de Urbanismo che bote un ollo ao plano, tes que pasar polo despacho do político. ¿Desde cando un concelleiro ten que ser o filtro dunha consulta técnica? Hai veciños que se senten incómodos, e con razón: ¿por que teño que contarlle as miñas voltas a un político que hoxe está e mañá non? É o bucle infinito: «Voullo preguntar ao técnico». E o técnico, no despacho do lado, agardando polo veciño que nunca chega directamente.
A Profecía da Porta Única (2027)
Pero non todo vai ser chorar polas esquinas. Corre o rumor de que no 2027 chegará unha muller á alcaldía con máis retranca e mando en praza que ninguén, disposta a derrubar as tres portas cun golpe de sentido común. Unha era onde o veciño fale co técnico de ti a ti, sen intermediarios que vaian levar o conto. Ata entón, seguiremos perdidos en Mordor.
¿E ti? ¿Cantas veces tivo que «preguntarlle o concelleiro ao técnico» por un asunto teu? Cóntanos a túa batalla administrativa nos comentarios.
Recorda que poder poñerte en contacto con nós, no correo denuncias@avozdeboiro.com de forma totalmente anónima.




