BoiroActualidadDeportes

Millonadas na Cachada: O IBI polo aire para un mausoleo mentres o pavillón cae aos cachos

Parece que en Boiro imos ter unha Casa da Cultura que xa a querería para si o mesmo Broadway, pero o prezo que imos pagar vai ser moito máis alto que unha simple entrada de teatro. Case 4 millóns de euros de partida —que coa retranca municipal xa sabemos que poden acabar sendo seis— para que o noso auditorio sexa un «transatlántico» de luxo. Todo moi moderno, moi eficiente… pero con un cheiro a subida de impostos permanente que tira para atrás.

¿Cultura de vangarda ou IBI perpetuo? O Concello tivo que pedir un préstamo de 2,7 millóns para financiar este capricho, e o peor de todo é que a axuda de Europa está pendente dun fío por andar tarde cos prazos. Pero o que máis nos «dole» non é o crédito inicial, senón o que vén despois: esa subida brutal do IBI que nos meteron con calzador e que, como todos sabemos nesta terra, non vai ser temporal. Eses cartos vanse ir directo a pagar o préstamo e a manter unha mole de case 3.000 metros cadrados que moitas veces estará baleira. Imos pagar todos, para sempre, o mantemento do «mausoleo».

O auditorio do luxo fronte á gotera do pavillón Mentes o Alcalde usa o seu voto de calidade para hipotecar o noso futuro, os que realmente sofren son os nosos deportistas. ¿De que nos serve ter un auditorio con acústica de ópera se as infraestruturas deportivas do municipio están feitas un asco? Goteras nos pavillóns onde os rapaces non poden adestrar cando chove (que en Galicia é moito), vestiarios que parecen sacados dunha película de terror e campos de fútbol sen mantemento. Mentres a Cachada brilla con cartos públicos, o deporte base de Boiro segue na miseria.

O reto de encher o «palacio» Agora queda o máis difícil: que a finais de 2026 isto non sexa un mausoleo de cemento baleiro. Rehabilitar está moi ben, pero xestionar este coloso sen que nos custe a saúde financeira é outra historia. O que está claro é que en Boiro as prioridades están ben claras: primeiro o «postureo» cultural, e logo, se queda algo, arreglar as instalacións onde os nosos fillos fan deporte.

¿E ti que opinas? ¿Crees que é xusto subir o IBI para sempre por un auditorio de luxo mentres as instalacións deportivas caen aos cachos? Déixanos o teu comentario abaixo.

Artículos relacionados

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Botón volver arriba